The Rapants apaga as luces de “La máquina del buen rollo”

30 Outubro 2025

Os muradáns The Rapants apagará definitivamente as luces de La máquina del buen rollo (o título do seu máis recente traballo discográfico e da súa xira) a última fin de semana de febreiro, no marco da cuarta edición do Festival Emigrason. Pero antes, esta mesma fin de semana, realizarán a última viaxe co seu saltón en Galicia: as fichas para subir a La máquina del buen rollo repartiranse mañá venres 31 no XX Castañazo Rock. O público galego poderase despedir dos rapantes até o ano que vén, cando regresen con novo disco e directo aos escenarios galegos.

Tras encher esta fin de semana dúas noites seguidas o Club Sauvage de Barcelona, e logo de vivir un verán ateigado de concertos en salas e festivais do país, The Rapants dá a coñecer as últimas 6 datas das viaxes no saltón.

Ás xa anunciadas de Chantada no Castañazo Rock (31 de outubro), Valladolid (13 de novembro) e Madrid (15 de novembro) -estas dúas últimas co apoio de AIEnRuta e da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais-, súmanse agora Zaragoza (6 de febreiro), Bilbao (7 de febreiro) e Bruxelas (na fin de semana do 27 e 28 de febreiro).

O peche europeo da xira producirase na celebración do Festival Emigrason, unha cita moi querida polos rapantes, pois participaron tanto no 2023 coma no 2024. Desta quenda, a actuación na capital belga (cuxa Rue Franklin dá nome a un dos temas máis coñecidos dos muradáns) será un bolo especial, pois porá o ramo a unha intensa xira que iniciaron na Sala Capitol en marzo de 2024 (cun dobre sold out histórico, con entradas esgotadas en menos de 15 minutos) e que se pechará, dous anos despois, con máis de 70 directos ás costas e un galardón: Premio MIN ao Mellor Álbum en Galego do Ano 2024.

Ao longo destes case 20 meses, o cuarteto ofreceu actuacións memorables en citas como O Son do Camiño, Atardecer no Gaiás -o directo máis multitudinario da historia do recinto-, Festival Noroeste -no que regresaron á praia de Riazor, logo de gañar no 2019 o certame de bandas de Cuac FM-, Festival Revenidas ou as Festas da Peregrina, entre outras.

Acompañou a La Raíz no seu regreso aos escenarios en dúas ocasións (no Coliseum da Coruña e no Pavillón La Magdalena, Avilés) e converteuse na cuarta banda galegofalante máis escoitada en plataformas.

Derradeiras viaxes de La Máquina del Buen Rollo

31.10, Chantada | XX Castañazo Rock

13.11, Valladolid | El desierto rojo (AIEnRuta)

15.11, Madrid | Camping Osuna (AIEnRuta)

06.02 Zaragoza | Inverfest – La Lata de Bombillas

07.02 Bilbao | Negufest – Sala Azkena

27-28.02 Bruxelas | IV Festival Emigrason

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.