Serres Runners perfila os detalles do V Trail Cova da Bruxa

27 Outubro 2025

Serres Runners e o Concello de Muros presentaron o cartaz oficial da V edición do Trail Cova da Bruxa. Trátase, en palabras da organización, “dunha das probas máis destacadas do ano en Muros xa ten cartaz oficial e datas de celebración, os días 28 e 29 de marzo de 2026”. Engadiron que xa está aberto o prazo de inscrición para esta cita deportiva organizada por Serres Runners, coa colaboración do Concello de Muros.

“Desde o Pequetrail ao trail máis longo e duro, o Trail Cova da Bruxa servirá de novo para que atletas de todas as idades fagan deporte e disfruten da natureza”, asegura o concelleiro de Deportes de Muros, Damián Torea.

O Trail Cova da Bruxa desenvolverase en dúas quendas. Na do sábado celebrarase o Pequetrail e máis o Serres Uphill (unha distancia a percorrer de 3,5 quilómetros e un desnivel de máis 450).

O domingo celebraranse o Trail das Forcadas (26 quilómetros, desnivel de 1600+), o Trail Cova de Jatos (15 quilómetros e desnivel de 950), o Trail de Rebordelo (9 quilómetros e 450 de desnivel) e a Camiñada Cova da Bruxa (9 quilómetros e 450 de desnivel).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.