“Ser novo e facha xa non é incompatible?” – Antón Luaces

22 Outubro 2025

Persoas novas sobradamente fachas. Talvez consecuencia da inconsciencia. Quen sabe se por mor duns bisavós que levaban tal condición no seu ADN e o transmitiron aos seus descendentes cun salto xenético e xeracional polo medio. Franco, a aguia, a camisa azul e a boina colorada da “falange” resultan atractivos e rechamantes para os que simplemente herdaron o silencio do medo a un pasado escuro que non entenden, non. Son as novas camadas do que nen sequera estudaron nos institutos nen nas universidades que a moitas xeracións anteriores -con ou sen becas no seu currículo- se lles negaron nesta España de camisa branca de añil e xabrón Lagarto que destruía as unllas das mans nos lavadoiros dos ríos e con moito que andar por de diante para chegar  á lavadora automática.

Saberán realmente que expresan nos seus cánticos, o significado da súa xestualidade, o valor de correr para queimar mobiliario urbano que pagaron co seu suor os avós ou os pais, ao pior seus bisavós coas respectivas  vidas? Que xustifica esa agresividade que amosan na rúa, nos estadios e polideportivos cos que os do meu tempo soñabamos e nunca tivemos? 

Deben saber, si. As redes sociais ensinan moito, máis ca unha charleta co profesor ou profesora de turno. Son, son, son persoas novas sobradamente fachas, posiblemente con escaseza de experiencia, aos que nen sequera preocupa o cualificativo que non gustaría (agás contadas excepcións) aos pais. Fachas sen causa, rebeldes porque o teñen todo… ou hai causas que se chaman traballo, salario digno, vjvenda, coa que xustifican ante eles mesmos -coma nun espello- o que dentro duns minutos poderán ver nas redes sociais e nas televisións?…

 Vai 30 anos, pais destas novas xeracións tamén farían preguntas sobre por que Aznar apañou tanto voto xove nas eleccións de 1996. Ten unha explicación o voto ultra dos xoves de 2025?…

A violencia, a pobreza, a exclusión, a crise humanitaria, a estigmatización disque son as causas que xustifican este troco. Disque.

 Tamén en Francia, Italia, Alemaña, Portugal, etc.?…

É hereditario ou non o progresismo?. Por que, logo, os denominados fachas xoves?…

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

Cada xuño, o mesmo titular: o alumno brillante que, podendo escoller calquera cousa, "malgasta" a súa nota nunha carreira de letras. Esta semana houbo dous —Juan Mosquera, un 13,64 sobre 14, marcha a Filoloxía Galega; Sabela Martínez vai a Harvard a doutorarse en...