Seis axentes toman posesión e incorpóranse ao cadro da Policía Local de Boiro

06 Outubro 2025

O alcalde, José Ramón Romero, e o tenente de alcalde, Luis Ruiz, participaron na mañá deste 6 de outubro na toma de posesión dos seis novos axentes que se incorporan ao cadro da Policía Local de Boiro.

Tamara Barreiro, Adrián Fernández, Jorge García, Jordi Llamas, Martín López e José Luis Pose accederon ao posto mediante unha Oferta de Emprego Público e logo de superar as probas realizadas na Academia Galega de Seguridade e máis o período de formación como funcionarios en prácticas.

O pasado venres 29 de setembro tiveron o acto de graduación na AGASP e dende este luns 6 de outubro forman parte da do corpo da Policía Local de Boiro.

“Apostamos deste xeito por seguir aumentando o cadro da policía local de Boiro e contar cun corpo acorde ás necesidades do municipio”, informou o alcalde, engadindo que dende o ano 2019 cubríronse 12 prazas de axentes, case o do dobre das que se cubriron nos últimos vinte anos pois entre o 1995 e o 2003 cubríronse 2 prazas, entre o 2003 e o 2011, 5 prazas e dende o 2011 ao 2019 ningunha.

O cadro da Policía Local conta na actualidade con 16 axentes, dous oficiais e un auxiliar. O obxectivo é seguir cubrindo as prazas vacantes e contar con outro oficial, un inspector e tamén un administrativo para cubrir así todas as prazas do cadro laboral.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.