Sabela Olivares e Suso Bello (Os Jalochos) presentan en Rianxo “A landra viaxeira e o amigo Lambón”

21 Outubro 2025

A Biblioteca Pública de Rianxo organiza este sábado 25 de outubro, ás 12.00 horas, o espectáculo familiar para a rapazada A landra viaxeira e o amigo Lambón, a cargo de Os Jalochos (Sabela Olivares e Suso Bello, con ilustracións, no libro do mesmo nome, de David Cuence). Desenvolverase no espazo provisional da biblioteca, no Centro Sociocultural do Auditorio Municipal. Será de balde até completar a capacidade. Trátase dunha proposta para familias abeirada ao programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.

O libro-disco A landra viaxeira e o amigo vén da man da Companhia do Ruído Editorial, vertente libreira da banda ribeirá do mesmo nome, na que militan Sabela Olivares e Suso Bello.

A Landra viaxeira e o amigo Lambón é un libro-disco escrito e composto por Sabela e Suso (Os Jalochos) para o público infantil. Trátase dun libro musical de aventuras no que Landra e Lambón, dúas criaturas que son un conto de fadas, relatan unha fabulosa historia chea de música, cor, aventuras, novas amizades e singulares expresións que pola costa galega adoitan falar.

Este conto leva aparellados distintos recursos en soporte dixital, completando así a obra cun audiolibro interactivo e doce pezas musicais para gozar en familia.

Coñecer a xeografía galega, respectar a natureza, xogar coa lingua e as variantes dialectais da costa galega ou co ritmo da música, son parte das propostas desde proxecto, que se amosa, en palabras de Sabela e Suso, “como un recurso didáctico idóneo para a aprendizaxe transversal e inclusiva na educación infantil e primaria”.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.