Sábado 25, nubes e claros na comarca e sen cambios na temperatura

24 Outubro 2025

Galicia quedará durante esta xornada baixo o predominio da influencia anticiclónica, mentres unha fronte afectará ao centro da península. Esta situación deixará un ceo máis nubrado na metade sur da comunidade, especialmente no sur da provincia de Ourense, onde non se descartan algunhas precipitacións ocasionais.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas se manterán sen cambios significativos respecto a xornadas anteriores(15 a 18 graos). Pola súa banda, os ventos soprarán do nordés, sendo frouxos no interior e moderados nas zonas costeiras.

En conxunto, agárdase unha xornada tranquila, con ambiente estable na maior parte do territorio galego e só algunhas nubes e chuvias localizadas no sur.

Domingo sen cambios no tempo.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 3 a 4 á mañá, 3 a 5 á tarde e 4 a 6 á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 1 a 1.5 metros á tarde e 0.5 a 2 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.