Sábado 1, ceos parcialmente nubrados e lixeiro descenso das temperaturas

31 Outubro 2025

O sábado, Todolos Santos, Galicia experimentará unha xornada de transición entre as altas e as baixas presións, o que se traducirá nunha situación meteorolóxica variable, con alternancia de nubes e claros e algún episodio illado de precipitación.

NA comarca e nas rias naixas os ceos permanecerán parcialmente nubrados, con intervalos de sol ao longo do día.

De cara á noite, non se descarta algún chuvasco ocasional na franxa atlántica, asociado á aproximación dun novo sistema frontal.

As temperaturas descenderán lixeiramente ou de maneira moderada, tanto nas máximas como nas mínimas, mentres que o vento soprará frouxo de compoñente oeste, con intervalos fortes no litoral norte, virando a suroeste ao final do día.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá, do oeste á tarde e do noroeste á noite, forza 1 a 2 á mañá e á tarde e 3 a 4 á noite. Mar rizado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e noroeste á noite, con ondas de 2.5 a 3.5 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.