Ribeira volve homenaxear ás vítimas do coronavirus este sábado

23 Outubro 2025

Un ano máis, a cidadanía de Ribeira volverá lembrar ás vítimas da COVID-19 e trasladar o seu apoio aos familiares nun acto promovido pola Asociación Amas de Casa coa colaboración do Concello. Esta homenaxe desenvolverase no sábado, 25 de outubro, ás 18.30 horas, a carón do monumento erixido na praza de España. Tal e como deron a coñecer o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Sanidade, Vicente Mariño, xunto coas integrantes da directiva da asociación, Puri Cores e Ramona Alborés, o acto “consistirá nunha ofrenda floral, unhas intervencións en recordo dos falecidos e un minuto de silencio”.

A presidenta de Amas de Casa, Puri Cores, reflexionou sobre unha pandemia “na que todos vivimos o confinamento de tres meses nas nosas casas” e despois comezaron a flexibilizarse as restricións de mobilidade ata, pouco a pouco, ir recuperando a normalidade a medida que melloraba a situación sanitaria. Pero, como indicou Cores, esta pandemia deixou “un gran número de falecidos” a causa da enfermidade, enterrados sen o acompañamento dos seus familiares polas circunstancias. Por iso, dende a entidade que preside, quixeron no seu día impulsar a colocación dun monumento e “Ribeira foi o primeiro municipio en acordarse de tódalas vítimas de COVID”.

Tamén se pronunciou o edil Vicente Mariño, quen enxalzou a homenaxe organizada por “recordar a esas persoas que non puideron ser veladas polos
seus seres queridos e, incluso, que foron enterradas sen acompañamento familiar” debido á pandemia. Neste senso, considera que, ademais de lembrar aos falecidos, é “unha mostra de proximidade cos seus familiares e recoñecemento do labor de tódolos equipos sanitarios e de todos eses
profesionais que contribuíron a que, no noso día a día, tivésemos uns servizos básicos garantidos”, polo que animou á cidadanía a achegarse ata o praza de España neste sábado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.