Ribeira rende homenaxe ás vítimas da COVID-19 nun acto cheo de emoción e recordo

25 Outubro 2025

A Asociación Amas de Casa de Ribeira, coa colaboración do Concello, celebrou na tarde de hoxe un acto de homenaxe ás persoas falecidas a causa da COVID-19 e de agarimo para as súas familias. A cita, desenvolvida na praza de España, xunto ao monumento erixido en lembranza das vítimas, reuniu a veciños e veciñas, membros da Corporación municipal e representantes do tecido asociativo local.

O acto estivo marcado pola emoción e o respecto. Houbo palabras de recordo, un minuto de silencio e unha ofrenda floral ante a escultura, nun ambiente de silencio e unión que fixo visible o sentir colectivo dun pobo que non esquece.

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, subliñou durante a súa intervención que este acto “é a mostra de afecto, recordo e respecto de todo un pobo ás vítimas dun dos episodios máis tristes e abrumadores da nosa historia recente”. Engadiu que “foi moi duro ver como cada día aumentaban os contaxios e os falecementos; pero detrás das cifras hai persoas, familias, amizades e veciños. Esta homenaxe vai dirixida a todas aquelas persoas que non puideron ser despedidas polos seus seres queridos, e tamén ás familias que tiveron que afrontar o duelo en soidade”.

A rexedora tamén quixo recoñecer o labor do persoal sanitario e dos profesionais esenciais que, en momentos de máxima dificultade, “garantiron a atención e os servizos básicos á cidadanía con entrega e valentía”.

Pola súa parte, a presidenta da Asociación Amas de Casa de Ribeira, Puri Cores, amosou a emoción de lembrar aqueles meses de pandemia e evocou as imaxes “dos féretros nos medios e das familias que non puideron despedir aos seus seres queridos”. Cores lembrou que a entidade impulsou en outubro de 2021 a creación deste monumento “para manter viva a memoria das vítimas e facer cada ano este acto dende a humildade, o cariño e o respecto”, converténdose así Ribeira no primeiro municipio en lembrar oficialmente a todas as vítimas da COVID-19.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...