Rianxo vai vivir un Samaín (Halloween) arrepiante esta fin de semana, concretamente o venres 31 e o sábado 1 de novembro, da man da Asociación A Moreniña e co patrocinio do Concello de Rianxo, a partir das 17.00 horas do venres en diferentes enclaves do concello rianxeiro.
Haberá diferentes obradoiros, animación nas rúas e moita música. Ademais, o Mercado Municipal de Rianxo transformarase nunha casa do terror que poderá visitarse de 19:00 a 21:00 horas.
A axenda de actividades arrincará este venres ás 17 coa Casa do Terror (no Mercado Municipal) e proseguirá pola noite cunha ruada a cargo da Charanga Santa Compaña. A xornada culminará cunha festa DJ a cargo de Simón Vázquez. O sábado a partir das 17.00 haberá unha gran festa de Samaín para a rapazada na praza da Virxe de Guadalupe, con inchábeis, disfraces, xogos tradicionais e un obradoiro de cabazos. Ás 18 horas volverá a Casa do Terror e pola noite Troula Animación celebrará o espectáculo Pachamama (a partir das 21h).



