Porto do Son adquire un vehículo destinado a actuacións de protección ambiental e do espazo natural

31 Outubro 2025

O Concello de Porto do Son vén de reforzar a protección ambiental e o coidado do espazo natural, a través da recente adquisición dun vehículo especializado. Este, que conta cun investimento de 73.149 euros, está financiado integramente a cargo da subvención do FCA (Fondo Compensación Ambiental).

Ademais, o novo vehículo ten incorporado un portapalets e pinza hidráulica con rotor de xiro continuo, o que, segundo informou o Concello, “permite realizar traballos de limpeza, retirada de árbores e restos vexetais, reducindo o impacto ambiental nas labores de conservación”. Dende o Concello tamén destacan que o novo camión salienta pola súa capacidade, que facilita o transporte de elementos pesados ​​ sen necesidade de múltiples viaxes, reducindo as emisións de CO₂ e a alteración de hábitats sensíbeis.

Tras a adquisición, o alcalde, Luis Oujo destacou “o compromiso municipal pola conservación e protección ambiental” e puxo en valor “a importancia deste tipo de servizos, que melloran a calidade de vida nas distintas parroquias municipais e fomentan a participación cidadá”.

“Dispoñer de maquinaria moderna e adaptada é fundamental para que os servizos municipais poidan actuar con eficacia na protección do medio natural e promover o respecto polo medio ambiente”, rematou Oujo.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.