Os socialistas de Rianxo piden ao Concello que respecte os procedementos administrativos e dea prioridade aos pagos

19 Outubro 2025
Óscar Rial Lago, responsábel do PSdG de Rianxo


O PSOE de Rianxo emitiu un comunicado no que se mostra moi crítico co Goberno local xa que, indican, “por segundo ano consecutivo non presentou as contas do exercicio 2024, a pesar de que a lexislación establece que deben aprobarse antes do 31 de marzo do ano seguinte”. Para os socialistas, “este ano queda en evidencia que non se adoptou ningunha medida para solucionar a situación, deixando unha sensación de opacidade e falta de control interno real”. Din tamén que “durante todo 2025 non se levou a pleno ningunha proposta de recoñecemento extraxudicial de crédito”.

A isto, din, “súmase que o Goberno acumula atrasos de máis dun ano no pagamento a provedores, empresas e asociacións locais, mentres a débeda coa empresa concesionaria do servizo de auga supera xa os 300.000 €”, sosteñen, sinalando que “realizar só un recoñecemento extraxudicial ao ano implica unha clara falta de interese real polas empresas locais, saltándose procesos administrativos e, ao mesmo tempo, trasladándolles a elas a carga económica, incrementando a débeda do Concello”.

Os socialistas apuntan que “cando esta situación chegue ao pleno, é de prever que a compracencia do Partido Popular de Rianxo volva poñerse de manifesto, baixo o xa coñecido lema de polo ben de Rianxo, mentres as empresas seguen máis dun ano sen cobrar polos servizos prestados”.

Para o PSdG, “estas alturas xa deberiamos estar pendentes do peche da conta de 2025, e non só a falar do orzamento de 2026”. Desde o PSOE recalcan que “analizaremos con rigor as contas do próximo exercicio e traballaremos para que nelas se contabilice de forma real e transparente a débeda que este goberno está a xerar a través de facturas sen pagar e pagamentos suprimidos ou atrasados”. Engaden que “esta situación non só quebra os prazos legais —como o pago máximo de 30 días a provedores ou a aprobación das contas antes do 31 de marzo—, senón que deteriora a confianza na xestión municipal, debilita o control interno e pon en risco a sustentabilidade financeira de Rianxo a curto e medio prazo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.