Os Servizos Sociais de Padrón reforzan a atención á veciñanza co apoio da Deputación da Coruña

01 Outubro 2025

O Concello de Padrón, co respaldo da Deputación da Coruña, segue a reforzar os servizos sociais municipais co obxectivo de que “ninguén quede atrás e todas as persoas e familias poidan facer fronte ás súas necesidades do día a día”, informaron fontes do Consistorio, engadindo que o programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais (FOPPSS 2025) permite ao Concello dispoñer de recursos económicos e técnicos para manter en funcionamento os servizos sociais básicos, tal e como establece a Lei 13/2008.

Grazas a este programa, Padrón conta cun equipo que inclúe dúas auxiliares administrativas, que facilitan a tramitación de axudas e xestións; unha técnica de intervención familiar, que acompaña a familias en situacións complexas; unha técnica de coordinación do voluntariado, que promove a colaboración solidaria no municipio; e persoal auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que atende a persoas maiores ou con dependencia nas súas casas, axudándoas nas tarefas cotiás.

No que vai de ano, o SAF xa atendeu a 30 persoas usuarias en Padrón, ofrecendo apoio directo nas súas vivendas para mellorar a súa calidade de vida.

Ademais, a través do Programa de Posibilidades Sociais (POSS Social), o Concello ofrece axudas económicas de emerxencia a persoas e familias en situación difícil, destinadas a cubrir gastos de vivenda, alimentación, educación, medicamentos, transporte ou outros conceptos básicos cando os recursos non chegan.

“Só en 2025, 99 persoas beneficiáronse destas axudas, das cales 64 son mulleres e 35 homes”, informou o Concello, engadindo que o investimento da Deputación da Coruña destinado a estas actuacións supera os 157.000 euros, contribuíndo integramente a mellorar a atención social en Padrón.

O Concello lembra que os servizos sociais son unha porta de entrada fundamental para todas aquelas persoas que precisan apoio, e fai un chamamento á veciñanza para que non dubide en informarse e acudir a eles cando exista unha situación de necesidade.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.