O ribeirense Bruno Iglesias, flamante campión da Copa de España de ILCA 6

12 Outubro 2025

Bruno Iglesias e Lara Sabina Himmes conquistan a Copa de España de ILCA 6 en Vilagarcía

O regatista galego Bruno Iglesias (CND Riveira) e a alacantina Lara Sabina Himmes (RCR Alacante) proclamáronse vencedores absolutos da Copa de España de ILCA 6, celebrada desde o pasado venres en Vilagarcía de Arousa. A cita, organizada pola Real Federación Galega de Vela (RFGV) por delegación da Real Federación Española de Vela, reuniu a 150 deportistas de todo o país e ofreceu unha emocionante xornada final con cambios decisivos nas clasificacións.

Foto de familia de autoridades e vencedores da Copa de España de ILCA 6. © Clara Giraldo

Tal e como prognosticaban os partes, a xornada de peche amenceu cun vento do norte máis suave, ao redor dos 8-9 nós, que permitiu disputar dúas mangas finais do grupo oro. Tras dúas saídas anuladas por chamada xeral, a frota puido completar as probas que definiron os podios nas cinco categorías.

Na xeral absoluta masculina, Iglesias, que partía desde a segunda posición, asinou un 64º —que puido descartar— e un quinto posto na última manga, resultado suficiente para asaltar o liderado e proclamarse novo campión nacional. O galego, que conta co impulso da Deputación da Coruña, superou por tres puntos a Nikko Palou (RCN Palma) e por catro a Juan Bennassar (RCN Palma), completando así un podio integramente copado polos regatistas Sub19.

Na xeral feminina, a protagonista foi Lara Sabina Himmes, que logrou un envorco na clasificación para facerse coa vitoria final. A alacantina impúxose con oito puntos de vantaxe sobre Sheila Martínez (CN Campello), a mellor do día cun primeiro e un terceiro, mentres que Isabel Hernández (RCN Gran Canaria) completou o podio.

No resto de categorías, Margalida Perelló (RCN Palma) adxudicouse o título en Sub21 Feminino, por diante de Adriana Castro (RCN Torrevieja) e Ainhoa Gómez (Federación de Vela da Región de Murcia). Gómez, ademais, alzouse coa vitoria en Sub19 Feminino, acompañada no podio por Gabriella Morell (RCN Palma) e Raquel Retamero (RCN A Liña).

A cerimonia de entrega de trofeos, celebrada ao termo das probas, contou coa presenza de autoridades locais e federativas, entre elas Pedro Piñeiro, vicepresidente da RFGV; Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía; e representantes da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

A Copa de España de ILCA 6, unha das citas máis destacadas do calendario nacional, contou co patrocinio da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o apoio do Concello de Vilagarcía, a Autoridade Portuaria e a Capitanía Marítima.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.