O Pazo de San Roque acolle a presentación do IV Premio de Novela de Galicia Rural

07 Outubro 2025

O Pazo de San Roque, en Santiago, acolleu este 7 de outubro a presentación das bases do IV Premio de Novela da Galicia Rural.

No acto participou o secretario xeral de Lingua, Valentín García, quen destacou a potencialidade deste certame “para promover a visibilidade do mundo rural galego e reflexionar sobre a súas problemáticas, posibilidades e retos presentes e futuros a través da creación literaria”.

García sinalou que as novelas presentadas “deben situar a súa trama na Galicia rural ou concederlle a esta un protagonismo relevante na narración, ademais de estar escritas en lingua galega”.

As obras, que deben ter unha extensión mínima de 150.000 caracteres e máxima de 300.000 caracteres, teñen que ser presentadas en formato PDF nunha memoria USB con título e lema. Ademais, enviaranse nun sobre pechado á sede do concello de San Xoán de Río antes do 15 de xaneiro de 2026.

O ditame do xurado, formado por cinco persoas pertencentes ao ámbito da crítica, a escrita, o ensino e o estudo da lingua galega, farase público no mes de marzo de 2026 e establécese un único premio dotado con 3.000 euros.

Valentín García destacou o carácter universal da convocatoria “que vai dirixida tanto a autores xa consagrados como a novos talentos da literatura que, coas súas novelas queiran poñer en contacto aos lectores co presente, o pasado e o futuro do rural galego”. Neste senso, reafirmou o compromiso do Goberno Galego coa defensa da lingua galega e a promoción das actividades culturais no ámbito local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.