O Mago Teto leva á Casa da Cultura de Queiruga, este domingo, o seu espectáculo sobre a tradición alquimista

17 Outubro 2025

Do 28 de setembro ao 30 de novembro, Porto do Son acollerá o II Ciclo Cultural Infantil Itinerante. Esta programación cultural, que é de balde e que se está a levar a cabo o nas casas de cultura de todas as parroquias do municipio, prosegue este domingo 19 de outubro na Casa da Cultura de Queiruga coa obra Alquimia do Mago Teto. A función dará comezo a partir 18:00 h.

En Alquimia, o Mago Teto pon en valor a figura dos alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, que viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto: atopar a Pedra Filosofal. O soño dos alquimistas era dominar a natureza , o lume, e finalmente o tempo.

Nesta nova aventura, o mago Teto, tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, ponse na pel dos alquimistas perseguindo o seu soño e buscando a pedra filosofal; non para conseguir a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón: a felicidade.

Restantes funcións

-26 de outubro

A Casa da Cultura de San Pedro de Muro acollerá a obra Son Animal, de Paco Nogueiras. A función dará comezo a partir 18:00 h.

-2 de novembro

A Casa da Cultura de Nebra acollerá a obra A Landra Viaxeira e o Amigo Lambón, de Os Jalochos. A función dará comezo a partir 18:00 h.

-9 de novembro

A Casa da Cultura de Caamaño acollerá a obra A Maxia dos Libros, de Nami e o Mago da Boina. A función dará comezo a partir 18:00 h.

-16 de novembro

A Casa da Cultura de Baroña acollerá a obra Máis Música, de Xabi Longueirón. A función dará comezo a partir 18:00 h.

-23 de novembro

A Casa da Cultura de Xuño acollerá a obra Canta Música, de Pablo Díaz e Olga Kirk. A función dará comezo a partir 18:00 h.

-30 de novembro

A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá a obra O Mundo Máxico de Pinocho, de Educateatro Producións. A función dará comezo a partir 18:00 h.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.