O GES de Muros recibe novo material tecnolóxico

19 Outubro 2025

O Concello de Muros recibiu a semana pasada, na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), novo material tecnolóxico para o desenvolvemento do traballo do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), concretamente novas tabletas coas que facilitar a asistencia á cidadanía e a resposta ante emerxencias.

Sandra Maneiro, concelleira de Seguridade Cidadán de Muros, e Manuel Lago, do GES, foron as persoas encargadas de recoller estes dispositivos tecnolóxicos, que irán nos camións para os desprazamentos de emerxencias.

A información da emerxencia actualizarase en todo momento a través das tabletas, que tamén terán as coordenadas do punto no que teñen que realizar a actuación e a través delas poderán solicitarse máis medios de emerxencias, policiais ou sanitarios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.