O Concello de Ribeira traballa pola materialización do Centro de Deportes Náuticos

20 Outubro 2025

O novo Goberno municipal de Ribeira está a traballar na axilización dos procesos para materializar o Centro de Deportes Náuticos, o cal estará emprazado en Aguiño. A alcaldesa, María Sampedro, dixo que “moitos proxectos municipais de importancia para a cidadanía estaban paralizados” e que un deles “afecta de cheo aos nosos deportistas como é o Centro de Deportes Náuticos”.

Co obxecto de darlle impulso, recentemente a rexedora, xunto coa concelleira de Economía e Facenda, Herminia Pouso, e persoal técnico municipal, mantiveron unha reunión de traballo coa empresa adxudicataria da obra UTE Xestión Ambiental de Contratas SL e Prace Servicios y Obras SA.

A partir da vindeira semana chegarán as estruturas prefabricadas de formigón para conformar o esqueleto da nave despois de que fose preciso modificar o proxecto por cuestións do terreo que afectaban á cimentación. Deste xeito, o Concello estima que no mes de novembro dispoña das paredes e, en decembro, conte con cuberta.

Tras esta fase que centrada no exterior do centro deportivo, comezarase a actuar no interior para finalizar a obra, previsiblemente, en marzo.

No que respecta ao equipamento, a mandataria local indica que “se contará coa colaboración do Club de Remo para asesorar no material deportivo necesario e idóneo para o correcto desenvolvemento da súa actividade”. A construción consta de 1156 metros cadrados divididos en dous andares. No andar baixo habilitarase a zona de almacenamento de embarcacións, o foxo de adestramento, a recepción, aseo adaptado e almacén. Doutra banda, na primeira planta situarase o salón multiusos con aula e cociña office, despacho, baño adaptado, vestiarios, ximnasio e almacén. O importe total da adxudicación do contrato é de 1.179.750 euros, IVE incluído.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.