O Concello de Ribeira repón a marquesiña no paseo dos Mosqueiros

27 Outubro 2025

O Concello de Ribeira procedeu estes días á reposición da marquesiña no paseo dos Mosqueiros, despois de que se retirase este elemento do mobiliario urbano por mor das obras de rexeneración do borde litoral nesta zona da parroquia de Castiñeiras que remataron no mes de marzo.
A brigada municipal executou as melloras necesarias na estrutura para proceder coa súa colocación, dando así resposta a unha demanda veciñal.
O Concello explicou que “o seguinte paso consistirá na busca dunha nova localización para os contedores do lixo co obxectivo de habilitar na marxe da estrada unha zona máis ampla para que faga parada o transporte público”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O importante é chegar”. Loís Celeiro

“O importante é chegar”. Loís Celeiro

Chegou á estación de Renfe coa metade da lingua fóra da boca, tan fóra que a punta daquela lingua calada mollaba e ensuciaba o nó da garabata, que lucía as cores do arco da vella. Antes de suar aquela fermosa prenda de vestir arroupaba a elegancia dun home feito e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.