O Concello de Ribeira inicia as xestións para que o SERGAS asuma a UCA

21 Outubro 2025

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o director da Unidade de Condutas Aditivas (UCA), Jesús Cartelle, mantiveron na mañá deste 21 de outubro unha reunión telemática coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) cara a iniciar os trámites oportunos para que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) asuma a xestión deste departamento.

O cambio do modelo de xerencia fundaméntase, en palabras da rexedora, en “optimizar a administración dun servizo importante que prestamos á cidadanía da comarca e que vai garantir que se sigan brindando estas prestacións correctamente ao mesmo tempo que se reducirá a carga económica para as arcas municipais”.

A mandataria local tamén incidiu en que se trata dunha “vella demanda dos municipios que se remonta ao 2009. Con este cambio dignifícase
o servizo e o paciente”.

Engadiu que “nas vindeiras semanas seguiranse sucedendo os encontros de traballo coa finalidade de que culmine de maneira progresiva esta absorción da UCA por parte da Administración autonómica sen interferir na atención ás persoas usuarias e no desenvolvemento das tarefas do persoal”. A rexedora informou de que xa mantivo xuntanzas co persoal da UCA co obxectivo de que “esta transición sexa o máis beneficiosa e sinxela posible para todos os integrantes do servizo”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

“Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

Eu non son experto en política internacional nin en estratexias militases. Son un cidadán do día a día, dos que prenden a televisión, len as noticias e tratan de entender o que está a pasar co mundo no que vivimos. E o que vexo ultimamente con Donald Trump á fronte de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.