O Concello de Ribeira fixo saber este mércores 22 de outubro que as de os deportistas locais “van contar con maiores prestacións”. Será grazas ao convenio que formalizaron o Concello e o Club Natura Sport para o equipamento da sala de taekwondo e os vestiarios do novo módulo cuberto de atletismo da Fieiteira, por un importe total de 112.065,10 euros.
Na sinatura participaron a alcaldesa, María Sampedro; o concelleiro de Deportes, Álex Vidal; e o presidente da entidade deportiva, José Francisco Agrelo.
Do total da contía económica, o Club Natural Sport asumirá o 70% do investimento que son 76.065,40 euros, mentres que ao Concello lle corresponde o 30% restante, é dicir, 36.000 euros. “Esta colaboración posibilitará contar cunhas instalacións optimizadas que mellorarán os adestramentos dos deportistas de alto rendemento e con proxección nacional e, incluso, internacional. Deste xeito, damos resposta a unha necesidade que presentaba esta infraestrutura deportiva contando coa axuda inestimable dun club local de renome”, explicou a rexedora.




