O Concello de Rianxo abre o prazo de inscrición para o Obradoiro de Cestería e a Aula de Canto 2025-2026

10 Outubro 2025

Obradoiro de Cestería 2025-2026

Entre o 5 de novembro e o 21 de febreiro, o Pazo de Rianxiño acollerá este obradoiro no que as persoas participantes poderán achegarse á cestería tradicional e contemporánea, explorando novas técnicas e materiais alternativos e sostibles.

A actividade está dirixida a persoas maiores de 14 anos, cun máximo de 10 prazas dispoñibles. Impartiranse 10 sesións presenciais (30 horas) os mércores de 17:00 a 20:00 horas, baixo a dirección da docente Electra Menéndez. O custo da matrícula é de 50 euros.

O obradoiro busca fomentar a creatividade, preservar a tradición artesá galega e promover a conciencia ambiental, poñendo en valor o traballo manual e o respecto pola natureza.

Aula de Canto – Novembro 2025 a Febreiro 2026

Tamén no marco da programación de outono-inverno, o Concello ofrece a Aula de Canto, unha proposta orientada a fomentar o benestar e o envellecemento activo a través da música.

A actividade está destinada a persoas adultas, cun máximo de 20 prazas, e celebrarase no Centro Sociocultural-Auditorio (aula grande do primeiro andar). Desenvolveranse 14 sesións os xoves de 16:00 a 18:00 horas, dende o 6 de novembro ata o 19 de febreiro, baixo a dirección da docente Esperanza Mara Filgueira Rama. A matrícula tamén ten un custo de 50 euros.

Durante as sesións, o alumnado traballará técnicas vocais, respiración e afinación, ao tempo que participa nun espazo de encontro musical e social.

Estas actividades forman parte da aposta do Concello de Rianxo pola cultura, a aprendizaxe e a participación cidadá, ofrecendo oportunidades para desenvolver a creatividade e o benestar en comunidade.

Inscricións: do 13 ao 22 de outubro (ata as 14:00 h)
Formulario dispoñible en: www.concelloderianxo.gal

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.