O Concello de Boiro convoca unha liña de subvencións para clubs deportivos federados

14 Outubro 2025

O Concello de Boiro convoca unha liña de subvencións para clubs e entidades deportivas federadas do municipio cun importe total de 63.050 euros co obxectivo de apoiar ás entidades deportivas sen fins de lucro na súa participación en ligas ou competicións oficiais.

Estas subvencións están destinadas a financiar os gastos federativos; de seguros, salarios e seguridade social; gastos de xestión; gastos publicitarios e de comunicación; gastos en vestimenta e lavandería; formación; ximnasio, fisioterapia e farmacia; material de oficina; gastos derivados de desprazamentos, hospedaxes, aloxamentos e manutencións; arbitraxes; premios, trofeos e agasallos; ou equipamento deportivo.

Poderán participar nesta convocatoria as entidades ou clubs federados con razón social no municipio e que participen en competicións oficiais estables; que carezan de carácter de lucro; inscritas no rexistro de entidades do Concello e de Asociacións Deportivas da Xunta e non incorrer en supostos de incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 día hábiles a contar dende este martes 14 de outubro e a presentación deberá facerse mediante o modelo normalizado a través da sede electrónica do Concello de Boiro. Toda a información está dispoñíbel na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.