O BNG urxe a garantir médicos estables no Centro de Saúde de Ribeira

15 Outubro 2025

A deputada nacionalista Rosana Pérez reclamou este martes no Parlamento galego que o Goberno do PP garanta a presenza “de xeito estable” de facultativos no Centro de Saúde de Ribeira, onde máis de 3.000 veciños e veciñas carecen nestes momentos de médico asignado. Pérez advertiu de que esta situación obriga a moitos pacientes a acudir a Urxencias ou a ser derivados a outros profesionais “xa literalmente queimados”.

Na súa intervención no Pleno, a deputada do BNG instou aos populares a incluír a cobertura de médicos necesaria no centro dentro do “pacto escuro” co PBBI, un acordo que, segundo denunciou, “ninguén coñece en Ribeira” e que fixo posible a moción de censura que levou ao PP ao goberno local.

Pérez lembrou que máis de 5.000 persoas participaron este sábado nunha cadea humana de cinco quilómetros organizada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública para reclamar unha atención sanitaria digna, con suficientes profesionais, planificación nas substitucións e mellores condicións laborais.

“Cinco quilómetros de dignidade e de reivindicación”, subliñou a parlamentaria, que acusou ao conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, de manter recortes e avanzar nunha “privatización descarada” da sanidade pública. Segundo afirmou, o centro de saúde de Ribeira é o “exemplo máis claro” de que o plan da Xunta para afrontar a falta de médicos no verán “foi unha entelequia e unha fraude”.

A deputada denunciou que en pleno mes de agosto, coincidindo cunha alta afluencia de visitantes, o centro de saúde só contou con catro dos 14 profesionais habituais, o que cualificou de “temerario e indecente” e que provocou “demoras de ata catro semanas” nas citas médicas.

Pérez criticou tamén as declaracións da Consellería, que aseguraba que a calidade asistencial estaba garantida: “Non lle cae a cara de vergoña de facer esas declaracións cun centro baixo mínimos, uns profesionais ao límite e unha cidadanía desatendida?”, preguntou ao conselleiro.

A deputada respondeu ás palabras de Gómez Caamaño, que lle preguntara se estaba enfadada pola súa intervención anterior: “Pregúntelle aos máis de 3.000 veciños e veciñas que non teñen médico asignado se están enfadados”, replicou.

Pérez concluíu advertindo que o BNG non acudirá ao Parlamento “a aplaudir” ao Goberno do PP porque “non cumpre co que ten que cumprir”. “Neste momento, vostede ten credibilidade cero”, sentenciou, retando ao Executivo a converter a dotación de persoal médico en Ribeira no primeiro compromiso dese “acordo escuro” co PBBI.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...