O BNG de Muros celebra a aprobación en Europa da normativa para reducir e eliminar a contaminación por microplásticos

29 Outubro 2025

O Parlamento Europeo vén de aprobar unha nova normativa para reducir e eliminar a contaminación por microplásticos, un paso adiante fundamental para protexer o medio mariño e o futuro das nosas costas.

A parlamentaria europea Ana Miranda e a alcaldesa muradá María Lago

Desde o BNG de Muros celebraron este acordo, pois, segundo din, “será claramente beneficioso para as nosas costas e para o conxunto do país”.

A alcaldesa de Muros, María Lago, resumiuno así nas súas declaracións: “O vertido dos granulados plásticos deixou en evidencia as eivas dun sistema que prioriza os intereses económicos fronte á protección ambiental. Desde Muros demostramos que o municipalismo tamén pode marcar rumbo e facer política con maiúsculas, influíndo máis alá das fronteiras locais. E fixémolo nun contexto desfavorable, no que a propia Xunta de Galiza e o PP negaban a gravidade dos feitos, tildándonos de alarmistas e oportunistas. Este avance en Europa é unha boa noticia, pero tamén un recordatorio: precisamos máis soberanía para decidir sobre o noso mar, sobre as nosas rutas e sobre o noso futuro como país.”

A rexedora lembrou que durante aqueles meses, trala caída dos contedores do buque Toconao, Muros recibiu a visita de dúas delegacións europeas, interesadas en coñecer de primeira man o impacto do vertido e o traballo desenvolvido desde o Concello, o que, en palabras da alcaldesa, “contrastou coa inacción e o silencio da Xunta, que tentou minimizar o sucedido mentres os concellos afectados asumían en solitario a defensa do territorio”.

E concluíu: “Seguimos traballando con constancia, exixindo ante calquera institución a nosa soberanía como pobo para ter un mar máis limpo e unhas rutas máis seguras, que non poñan en risco a vida, o territorio nin o futuro da nosa xente”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.