“Non sei de que falar”. Luís Celeiro

03 Outubro 2025

Estaba morta de medo e a punto de morrer. Alí, naquela casa grande e escura, estaba soa e triste
mirando para o infinito, para onde se pode ver todo ou nada. O día era bretemoso, escuro como a
alma dela, como as aldeás noites de inverno, coma o tempo frío, como a cara dos pobres. Estaba
agardando por un consello que lle aledara o corazón, que lle suprimira algo do sufrimento e que lle
dese forza para seguir vivindo agarrada á vara máxica.
Era perigoso intentar axudarlle. Non quería nada. Todo lle chegaba e todo lle sobraba, como lles
sobra ás ovellas merinas o pasto que non poden comer e a auga que non queren beber. Que é o
medo? É unha emoción antiga e propia do ser humano. Como dicía un antropólogo amigo, “o medo
é un enorme macuto para levar no lombo”.
Pensadores da antigüidade como Homero, Sócrates, Platón ou Aristóteles, fixeron longas reflexións
sobre o medo, que “aparece frecuentemente no campo de batalla”, o medo á morte, ao fracaso e á
humillación. Algúns téñenlle medo á ignorancia, outros pensan que é unha protectora da valentía, xa
que “tememos unicamente o que coñecemos”. Hai quen asegura que non pode ter medo á morte,
ao non saber se é boa ou mala.
Platón, pola súa parte, di que o medo é como unha paixón capaz de desviar ás persoas da verdade e
da xustiza. Os políticos en acción deberían ler ou reler La República, para, como di Platón, controlar
coa razón o que falan e fan, para actuar con coñecemento exhaustivo e claridade total, no marco da
honestidade conveniente e necesaria.
Tamén sería ben recordar aquí e aprender de Octavio Paz, cando dicía que as masas humanas máis
perigosas son aquelas ás que lles inxectaban nas veas o veleno do medo”. O Premio Nobel de
Literatura en 1990 e Premio Cervantes en 1981, referíase ao medo ao cambio.
O profesor de Filosofía e Teoría Cinematográfica, da Universidade de Oviedo, Vicente Domínguez,
estudia cientificamente este tema, no artigo “El miedo en Aristóteles” e vai degrañando
minuciosamente como o medo está inscrito na alma humana. Dicía un accidentado cando o sacaron
con vida da cabina do camión, “o medo cortábame as pernas, o alento, os xeonllos, os brazos e a
alma miña.”
A Tía Manuela, con medo ou sen el, cala, “non sei de que falar”.

Outros artigos

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cazar grallas para vencer ao demo”. Xosé Antonio López Silva

“Cazar grallas para vencer ao demo”. Xosé Antonio López Silva

En xaneiro morreu en Barcelona, aos 93 anos, José Martínez de Sousa, a máis alta autoridade na ortografía, a tipografía e a corrección editorial en castelán. Era do Rosal, abeirado ao Miño. Orfo de cativo, formouse como tipógrafo entre chumbos e caixas de tipos dende...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.