“Medra o volume de árbores vivas, mais desde 2017, mais aumenta a súa mortalidade” – Antón Luaces

16 Outubro 2025

No uso da terra xoga un papel preponderante o bosque, cuxa superficie segue a ampliarse detrás da agricultura. No inventario forestal, o cambio climático está a acelerar a mortalidade das árbores ao mesmo tempo que afecta ao seu crecemento.

Semella, obviamente, un diagnóstico paradoxal. Mais o certo é que, segundo o resultado de diversos estudos (entre outros o Instituto Nacional de Información Xeográfica e Forestal (IGN) de Francia) está confirmada “unha forte aceleración da mortalidade das árbores” entre os anos 2019 e 2023, cunha desaceleración dun 4% no seu crecemento. Reflicte os efectos combinados de ondas de calor e secas severas, incendios, tormentas, proliferación de insectos e fundos que devastan árbores en moitos casos xa debilitados.

Xunto a todo isto figura o dano  causado polos grandes mamíferos que devoran, arrincan ou degradan os abrochos xoves, ameazando a capacidade das especies para se rexenerar. En moitos casos as crises climáticas e as pragas están a debilitar as existencias.

Desde os milenarios soutos ás frondosas fragas, pasando polas devesas, velaí un mínimo mostrario do que Galicia atesoura e, ao tempo, non sempre para ben: as fragas do Eume (declaradas Parque Natural en 1997) son un dos grandes tesouros  naturais da nosa comunidade autónoma; é un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa e máximo expoñeente do que eran os bosques galegos vai milleiros de anos, con máis de 9.000 hectáreas de terreo que segue o curso do río Eume. A fraga de Catasós, seriamente ameazada e localizada nas aforas da localidade pontevedresa de Lalín, é un dos bosques máis fermosos de Galicia, é monumento natural e está recoñecido como Espazo Natural de Interese Local (ENIL); é un bosque caducifolio de carácter atlántico, con carballos e castiñeiros centenarios, algún deles con máis de 30 metros de altura que figuran entre os máis altos de Europa. A fraga de Cecebre, reducida a súa extensión ás actuais 600 hectáreas, atópase no municipio de Cambre, ten bo número de carballos, faias e castiñeiros a carón  do río Mero e o encoro de Cecebre, que subministra auga ás poboacións da Coruña e a súa área metropolitana, é reserva da biosfera e da Rede Natura 2000. O Bosque de Colón, nas abas do monte Castroverde (municipio de Poio) está no considerado o maior bosque de secuoias roxas californianas de Europa, con máis de 400 exemplares. E, xunto a moitos outros referentes boscosos, citar a Serra do Caurel: 21.000 hectáreas de tres concellos, un dos bosques atlánticos de Galicia mellor conservados (duramente castigado polo lume este ano), coa Devesa da Rogueira e unha extraordinaria diversidade botánica.  

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.