Martes 14, tempo estable con ceos despexados e algunhas néboas no interior

13 Outubro 2025

Galicia continuará este martes 14, cunha xornada de tempo maioritariamente estable, con ceos despexados na maior parte do territorio.

Durante a mañá, agárdanse nubes baixas e néboas nas comarcas do interior, que se irán disipando co paso das horas. A medida que avance o día, os ceos quedarán moi abertos, aínda que poderán formarse nubes de evolución nas zonas do interior, acompañadas de algún chuvasco illado, máis probable nas áreas de montaña.

As temperaturas non rexistrarán grandes cambios,(24-27 graos), especialmente durante a tarde. Os ventos soprarán de leste a nordés, en xeral frouxos, mentres que nas Rías Baixas tenderán a rolar a noroeste.

meteogalicia

O noso mar:Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 1 a 3 á tarde. Mar ovellado á mañá e á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá e á noite e 1.5 a 2 metros á tarde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.