Mar investirá 140.000 euros na mellora das condicións de traballo dos profesionais do mar no porto de Esteiro, Muros

01 Outubro 2025

A Consellería do Mar anunciou este mércores 1 de outubro que vai investir 140.000 euros na mellora das condicións de traballo dos mariñeiros do porto de Esteiro, en Muros. Así o comunicou a conselleira do Mar, Marta Villaverde, nunha visita ao peirao, na que estivo acompañada polo presidente de Portos de Galicia, entidade promotora da actuación, José Antonio Álvarez.

A conselleira lembrou que o Consello da Xunta informou o pasado día 15 do inicio da licitación pública das obras de ampliación da rampla do porto de Esteiro, cun orzamento base de 140.000 euros, IVE incluído. Recordou tamén que os documentos e pregos do concurso están dispoñibeis para os interesados na plataforma de Contratos de Galicia, no perfil do contratante, e na páxina web oficial de Portos de Galicia.

Villaverde informou á confraría de pescadores, que demandara reiteradamente esta actuación de que os traballos consistirán na construción dunha rampla de descarga para dar servizo ás embarcacións menores con base no porto sobre o peirao existente. Para a construción da rampla será preciso demoler a parte superior do peirao ata formar a pendente da mesma. Partirá da cota +4.90 e descenderá cunha pendente constante de 10.90% ata a cota +1.50. Acadada dita cota contará cunha meseta horizontal de 5 metros de longo, sumando en total 36 metros de longo.

O prazo de execución dos traballos, unha vez iniciada a obra, será de 6 meses e con esta actuación Portos de Galicia contribúe a facilitar o traballo dos profesionais que operan neste peirao.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.