Mar e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía barallan vías de colaboración para impulsar a actividade pesqueira

30 Outubro 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo este xoves 30 de outubro un encontro institucional co presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa. Foi a terceira que realiza a responsábel autonómica a unha das cincos autoridades portuarias desde que ocupa a carteira de Mar da Xunta de Galicia. No mes de setembro mantivo cadanseu encontro cos responsábeis do entes de A Coruña e Marín.

No transcurso do encontro, os dous dirixentes analizaron vías de colaboración en aras de impulsar a actividade pesqueira da comunidade, pois a Xunta, a través de Portos de Galicia xestiona 122 dos 128 peiraos existentes no litoral galego; unha rede das máis extensas de España e que obriga a Administración autonómica a destinar en cada anualidade “un importante esforzo inversor”, lembrou a conselleira, recordando tamén que o ente público, dependente de Mar, manterá en 2026 un orzamento de 35 millóns de euros, que son parte dunha planificación plurianual que ascende a 146 millóns de euros.

Villaverde destacou a importancia deste tipo de xuntanzas que serven para consolidar as liñas de traballo existentes e explorar novos horizontes que revertan no desenvolvemento e competitividade das infraestruturas portuarias.

A conselleira valorou positivamente os proxectos que este organismo ten en marcha, como son o desenvolvemento da terceira fase do proxecto Ferrocarril Ferrazo, que optimiza a intermodalidade marítimo-portuaria; a pavimentación no peirao de Ferrazo norte; a redacción do proxecto do novo pantalán da dársena 1; ou a liña regular ro-ro, que enlaza o porto arousán con Róterdam, entre outros.

Ao peche do terceiro trimestre do ano, Vilagarcía rexistrou un aumento do 8,4% no tráfico portuario en comparación co mesmo período do ano anterior. Esta actividade alcanzou as 1.166.753 toneladas (90.000 toneladas máis que entre xaneiro e setembro de 2024).

Por categorías, tanto os graneis líquidos como a mercadoría xeral melloraron ao remate de setembro as súas cifras do exercicio anterior. No que respecta aos primeiros, movéronse 249.862 toneladas, un 17,6% máis que no mesmo período de 2024. Nesta categoría, o produto líder en canto á toneladas foi o aceite, que se canaliza a través da terminal de Aceites Abril no porto de Vilagarcía. Na categoría de graneis sólidos, movéronse un total de 297.771 toneladas no que vai de ano, o que representa un lixeiro descenso do 5% en comparación co ano anterior.

Finalmente, na de mercadoría xeral, mobilizáronse un total de 613.854 toneladas, algo máis da metade de todo o tráfico portuario. O aumento porcentual da mercadoría xeral respecto aos primeiros nove meses de 2024 é do 13,2%. Dentro deste apartado, destaca o aumento nos contedores, que aportan a esta estatística 232.331 toneladas (+14 %), equivalentes a 27.512 TEU (unha unidade estandarizada equivalente a un contedor de 20 pés). A novidade máis significativa neste eido é o movemento de mercadoría en tráfico ro-ro, que totalizou case 100.000 toneladas nos pouco máis de catro meses que leva funcionando o servizo regular semanal que conecta Vilagarcía co porto de Rotterdam.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...