Máis de 5.000 persoas formaron en Ribeira unha cadea humana contra os recortes na sanidade pública

11 Outubro 2025
A cadea humana á altura do Parque García Bayón nunha imaxe de Ramón Pérez

Finalmente a veciñanza de Ribeira e da comarca do Ribeira fixo unha fronte común, literalmente, este sábado 11 de outubro pola tarde, a prol dunha sanidade pública de calidade.

A cadea humana que estaba prevista por parte da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza converteuse en realidade, con máis de 5.000 persoas formando unha fileira ininterrompida e reivindicativa entre o Hospital do Barbanza e o Ambulatorio de Ribeira, clamando por “menos recortes e máis profesionais no ámbito da saúde galega”.

A iniciativa deu da man da dita plataforma e tivo o obxectivo de amosar as eivas do sistema sanitario na zona, denunciando a falta de profesionais en atención primaria e os longos tempos de espera en atención especializada, dous problemas que veñen xerando forte malestar na veciñanza.

Os organizadores lembraron que esta acción simbólica buscaba “unir os dous principais piares da asistencia sanitaria da comarca” para reclamar unha resposta inmediata das administracións.

Foron cinco quilómetros de cadea humana ao longo dos que a organización habilitou 60 enclaves de información e axuda.

Participaron membros do Concello, como o actual alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, entre outras/representantes do Goberno local.

Foto da cadea humana achegada pola organización e publicada en Nós Diario

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.