Lousame aproba a súa nova organización municipal, con 3 dedicacións parciais e un custo menor co Goberno de 2023

01 Outubro 2025

O Concello de Lousame celebrou na noite deste martes 30 de setembro a súa sesión plenaria organizativa, na que se deu conta da reorganización municipal tras o cambio na Alcaldía coa chegada de Esteban Ares García. Así, o pleno aprobou por unanimidade o cambio nas datas de celebración dos plenos ordinarios, cuxa periodicidade mantense cada dous meses, pero que se adiantan ao último xoves dos meses impares, ás 20:00 horas (cando ata o de agora tiñan lugar o último venres dos meses impartes, ás 20:30 horas). Un cambio que foi consensuado previamente polo alcalde, Esteban Ares, cos voceiros da oposición.

Amais, aprobouse o réxime de dedicacións para o grupo de Goberno, que cambia con respecto ao exercicio anterior. Se ata o de agora había unha dedicación exclusiva para a Alcaldía e dúas parciais, agora o Concello de Lousame contará con tres dedicacións parciais: 33.500 euros para o alcalde e 23.500 euros para a primeira tenente de alcalde, Silvia Agrafojo, e o segundo tenente de alcalde, Ramón Martínez. Deste xeito, “o custe do novo Goberno municipal de Lousame será inferior ao anterior”, apuntou Esteban Ares. A proposta saíu adiante cos votos a favor de PP e PSOE e a abstención do BNG (cando hai dous anos a proposta de dedicacións contou cos 5 votos en contra dos grupos da oposición).

Organización do Goberno

Esteban Ares García presidirá a xunta de Goberno local, da que formarán parte os tres tenentes de alcalde: Silvia Agrafojo Filgueira, Ramón Manuel Martínez Rial e José Antonio Ces Barreiro, que asume a terceira tenencia de Alcaldía e súmase por primeira vez a estas sesión. A estrutura do Goberno queda organizada en dez grandes áreas, das que Esteban Ares asumirá as competencias propias da Alcaldía, Urbanismo, Persoal, Economía, Facenda e Tramitación Administrativa, e Relacións Veciñais. As outras áreas de xestión serán asumidas polos tres tenentes de alcalde:

-Silvia Agrafojo Filgueira, primeira tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Xuventude e Educación e Cultura, con competencias en materia de Sanidade e Deportes.

-Ramón Manuel Martínez Rial, segundo tenente de alcalde e concelleiro de Obras Públicas, Servizos Públicos, Alumeados, Telecomunicacións e Infraestruturas Viarias, con competencias nas áreas de Medio Ambiente e Medio Rural.

-José Antonio Ces Barreiro, terceiro tenente de alcalde e concelleiro de Seguridade Viaria, Parque Móbil e Protección Civil

Pola súa banda, acordáronse dúas delegacións especiais, de forma que:

-Mariel Agrafojo Nieto será concelleira delegada de Deportes.

-Yésica Fernández Miguéns, será concelleira delegada de Parques, Xardíns e Turismo.

Finalmente, os representantes do Concello de Lousame nos órganos colexiados serán:

-Comisión Escolar do CPI Cernadas de Castro: Silvia Agrafojo (titular) e José Antonio Ces Barreiro (suplente).

-Xunta de Goberno e Asemblea da Mancomunidade Serra do Barbanza: Esteban Ares García.

-Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade: Silvia Agrafojo (titular) e Esteban García (suplente).

-Consorcio Galego de Benestar, Esteban García (titular) e Silvia Agrafojo (suplente).

-Rede de Dinamización Lingüística, Esteban García (titular) e Silvia Agrafojo (suplente).

Neste punto, o grupo municipal socialista anunciou a súa intención de cambiar á súa representante na asemblea da Mancomunidade Serra do Barbanza, troco que deberá solicitar por escrito. Outras cuestións como as retribucións por asistencia a órganos colexiados, as comisións informativas, a formación dos grupos municipais e os representantes dos grupos da oposición nos órganos colexiados mantéñense igual ca na sesión organizativa de 2023, ao non haber cambios.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...