“Estúpidos cavernícolas” – José Manuel Pena

07 Outubro 2025

Nas sociedades libres e democráticas estamos a vivir, por parte dalgúns neandertales ou estúpidos cavernícolas, unha involución no retroceso da evolución humana. Critican calquera avance social ou laboral, como a redución da xornada laboral ou o incremento do Salario Mínimo Interprofesional; negan os dereitos máis básicos para as mulleres, como o aborto ou a violencia machista.

Posiciónanse cos máis fortes e poderosos en contra dos vulnerables e inmigrantes.

Repudian a pobreza e enxalzan aos novos ricos á conta da corrupción e os privilexios. En definitiva, queren unha sociedade á súa medida sen importarlle o resto de mortais, son uns auténticos ególatras e narcisistas.

Todos estes estúpidos cavernícolas, levaban décadas ocultos baixo o odio e a nostalxia dos tempos escuros da ditadura e agora saíron da armario perdendo a vergonza e largando calquera tipo de lindezas cara aos colectivos ou grupos humanos que loitan pola dignidade e os dereitos das persoas. Crense que todos os humanos son movidos por intereses persoais e crematísticos porque non entenden o que é a solidariedade e o compromiso social.

A maioría destes grupúsculos minoritarios, pero ruidosos con diñeiro, son de ideoloxía fascista ou de extrema dereita. Controlan algúns medios de comunicación e parte da xudicatura para embarrar a vida política e social de calquera país. Para eles os voluntarios da “flotilla da dignidade” que van cara a Gaza, son uns vividores, sectarios e verbeneiros. Non pensan na vida de inocentes, mulleres e nenos, que están a ser masacrados desde hai décadas. O único que pretenden é xerar inseguridade e violencia, apoiando aos xenocidas por cuestións ideolóxicas.

Outros artigos

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ónega” – Xulio Xiz

“Ónega” – Xulio Xiz

Ónega e máis eu eramos do 47. En Pol como en Vilalba o párroco emitía os certificados de boa conduta espiritual, e o alcalde e xefe local do Movimento de Afección ao Réxime, e sen eles non eras ninguén. O único local que os rapaces tiñamos para o lecer era o do Frente...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.