Este 1 de novembro, ULA Libraría Social acolle un café de mulleres arredor do dó perinatal

28 Outubro 2025

A libraría ULA Libraría Social, con sede na rúa da Capela de Outes e impulsada por Maitane Vicente, vai acoller este 1 de novembro unha nova entrega dos cafés-conversa para mulleres de diferentes xeracións.

A sesión dará comezo ás 11.30 horas e será, segundo explican dende a libraría, “unha actividade de visibilización da morte xestacional, perinatal e neonatal no mes da concienciación sobre este dó esquecido”.

O programa de actividades inclúe unha lectura da man da autora María Besteiros do seu libro Penélope Tece, álbum ilustrado sobre o dó (duelo) perinatal. A axenda tamén inclúe a elaboración colectiva de recordos, entre todas as participantes, con diferentes materiais.

As inscricións cómpre facelas na propia Libraría ULA ou a través do teléfono 659 177 829.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...