Entra na recta final o prazo para inscribirnos na XI Carreira Popular Concello de Rianxo

21 Outubro 2025

Entramos na recta final para inscribirnos na XI Carreira Popular Concello de Rianxo, proba pertencente ao Circuíto de Carreiras Barbanza Arousa e ao Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

O prazo de inscrición estará aberto até o 28 de outubro, até completar as prazas dispoñíbeis.

Celebrarase o 1 de novembro a partir das 10.45 horas, con saída da praza de Castelao.

Quen precise máis información ou formalizar as inscricións pode visitar Emesports.es.

A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:

-XI Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña.

-VIII Circuíto Carreiras Populares Barbanza Arousa, promovido e organizado polos Concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Haberá tres modalidades para participar: absoluta, escolares e sapatilla inclusiva.

A proba está organizada polo Concello de Rianxo e o Club Atletismo Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.