Domingo 12, tempo estable en Galicia, con ceos despexados e posibilidade de treboadas na metade sur

11 Outubro 2025

Galicia continuará este domingo 12, Festa da Virxe do Pilar e Festa Nacional, baixo a influencia das altas presións, aínda que con presenza de aire frío en altura, o que deixará unha xornada xeralmente tranquila pero con algunha inestabilidade localizada.

Durante a mañá, formaranse néboas nas comarcas do interior, que irán desaparecendo co paso das horas, deixando paso a ceos abertos e con bo tempo en xeral. A partir do mediodía, agárdase o crecemento de nubes de evolución na metade sur.

As temperaturas mínimas subirán lixeiramente, mentres que as máximas se manterán sen cambios significativos (25 a 28 graos). O vento soprará frouxo do leste-nordés, con intensidade moderada no litoral norte.

meteogalicia

O noso mar; Vento do nordés á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.