“Da Coruña ás Molucas”: 500 anos da expedición Loaisa”. Antón Luaces

29 Outubro 2025

O 24 de xullo de 1525 zarpaba da Coruña unha expedición da coroa de Castela que tiña como obxectivo chegar ás illas das especias (Molucas) e reclamalas para a coroa patrocinadora da expedición, que desputaba a propiedade das mesmas á coroa de Portugal. A nao Vitoria regresou a España desde Lisboa en 1536 con 79 superviventes.

A expedición estaba formada por unha frota de sete naos e 450 homes. Formaban parte dela dous dos máis insignes mariños españois: Juan Sebastián de Elcano, que perdería a vida nela, e o mozo Andrés de Urdaneta.

Froitos desta expedición foron os numerosos descubrimentos xeográficos e marítimos, máis a súa travesía foi unha sucesión de desastres, calamidades e desercións. Durante a viaxe morreron, entre outros, o capitán Loaisa e Elcano. Tres das naos non arribaron ao cruzaren o Estreito de Magallanes e só a Santa María da Vitoria arribou ás Molucas e retornou a España con só 24 homes deste navío.

García Jofré de Loaisa (nado en Cidade Real no ano 1.490, finou no Océano Pacífico o 30 de xullo de 1526. Este mariño español descubriu o cabo de Hornos e as illas Marshall.

Será coprotagonista da cuarta e derradeira conferencia que este xoves pronunciará na Coruña a investigadora Amparo Rubio no ciclo “Da Coruña ás Molucas”, co gallo do quinto centenario da expedición Loaisa.

A investigadora do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento é licenciada e doutora en Historia Medieval pola Universidad Complutense de Madrid. As súas liñas de investigación están centradas principalmente no estudo da Facenda e a Fiscalidade Real na Coroa de Castela, con especial atención  ao reino de Galicia nos séculos baixomedievais , as redes de axentes fiscais encargadas da xestión do imposto. Ten publicados máis dunha trintena de traballos, entre os que salienta a monografía titulada “El reinado de los Reyes Católicos en Galicia”.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.