Día da Bici en Boiro, este domingo 2 de novembro

31 Outubro 2025

O Concello de Boiro celebrará este domingo 2 de novembro unha nova edición do Día da Bicicleta, un encontro lúdico, ambiental, saudábel e deportivo que busca “fomentar a convivencia e a diversión arredor deste vehículo entre persoas de todas as idades”.

O percorrido será o mesmo que en edicións anteriores, cunha distancia total de 14 quilómetros. A saída terá lugar ás 11.00 horas na praza de Galicia e discorrerá pola rúa Principal e a avenida de Compostela ata Escarabote, onde se realizará o primeiro reagrupamento na Agramuíña. Desde alí, a comitiva regresará a Boiro seguindo o paseo marítimo e diferentes rúas do municipio, para dirixirse despois cara a Cabo de Cruz, onde se fará o segundo reagrupamento xunto á lonxa. O regreso á Praza de Galicia será pola ruta do Sestelo, Seán e Exipto, ata entrar na Avenida da Constitución.

Á chegada está previsto un sorteo de material deportivo entre todos os participantes inscritos. O evento non ten carácter competitivo e está pensado para nenos e adultos, polo que contará cun dispositivo especial de seguridade no que participarán a Policía Local, Protección Civil, a Garda Civil e voluntarios do Club Ciclista Barbanza e Boiromotos.

A iniciativa está promovida por La Voz de Galicia, co patrocinio de Vegalsa e Jealsa, e a colaboración de Bici Daniel Ríos, Chicolino, Autos R. Outeiral e o Club Ciclista Barbanza. “Trátase dun evento familiar no que participan familias enteiras e que só é posible grazas á implicación das empresas e institucións colaboradoras”, destacou Ramón Ares.

As inscricións poden realizarse no Departamento de Deportes —no edificio das Colonias e Praia Xardín— ou por correo electrónico en deportes@boiro.org antes do venres 31 de outubro ás 12.00 horas. Poderán participar maiores de seis anos e será obrigatorio o uso de casco, non permitíndose bicicletas con rodíns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.