Celso Martín, José Luís Gutiérrez e Quico Cadaval levan a Abanqueiro (Boiro) a súa proposta “Tres vellas na romaría”

20 Outubro 2025

Este venres 24 de adulto o Centro Social de Abanqueiro volve ser un referente teatral no Barbanza e en Galicia. O motivo será a estrea en Boiro da obra Tres vellas na romaría, unha proposta da produtora Excéntricas para público adulto. A cita será este venres ás 21.00 horas, con entradas á venda dende unha hora antes da función.

A función virá da man de tres grandes das nosas táboas: Celso Sanmartín, José Luís Gutiérrez e o ribeirán Quico Cadaval.

O espectáculo sae “na procura nas memorias das devanceiras os días gloriosos de romarías e festas, os bailes, os milagres, as devocións, os exorcismos, as empanadas e os melindres, o viño novo e a caña brava…”

As Tres Vellas, segundo adiantan dende Excéntricas, “saen cos seus máis fermosos panos rameados para ir bailar as muiñeiras, xotas e bailes charros nos terreiros das festas”. O repertorio componse de todo o que rodea o mundo estival das romarías: milagres, romances, ofrendas devotas, relatos humorísticos, un mundo no que se mestura a superstición e o festeiro escepticismo. Unha viaxe equidistante aos tempos de “Deus é bo, mais o Demo non é mao”. Un repertorio no que se xuntan os xeonllos esfolados das procesións cos pés encalecidos dos bailes. Parece un mundo esquecido, mais As Tres Vellas regresan para contalo coa mesma frescura que se fose onte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.