“Cadea humana” – José Manuel Pena

09 Outubro 2025

Os Dereitos non son eternos, hai que loitar por eles. Un dos Dereitos Fundamentais, e que tanto enorgullece ao noso país, é a SANIDADE PÚBLICA, universal e gratuíta. Somos un exemplo para o resto do mundo e moito países desexarían dispoñer do sistema sanitario que temos en España.

Por desgraza, nos últimos tempos, en moitas Comunidades Autónomas está a desmantelarse o sistema de sanidade pública en beneficio da sanidade privada ou concertada. Iso supón moitos quebradizos de cabeza para as persoas e familias con menos posibilidades económicas que non poden acudir á sanidade de pago, no caso de evitar a demora das listas de espera, ou o poder realizar unha proba de diagnóstico importante, o máis axiña posible.

O negocio da sanidade é moi importante para demasiados gobernantes que pretenden sacarse un sobresoldo ou ben deixar aberta a posibilidade ás portas xiratorias, unha vez abandonan a política profesional.

Este sábado, pola tarde, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza e outras organizacións sindicais, políticas e sociais pretende realizar unha gran “cadea humana”, desde o centro de atención primaria de Ribeira ata o Hospital Comarcal. Aí temos que estar todas as persoas e familias do Barbanza que cren e necesitan da Sanidade Pública.

Outros artigos

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ónega” – Xulio Xiz

“Ónega” – Xulio Xiz

Ónega e máis eu eramos do 47. En Pol como en Vilalba o párroco emitía os certificados de boa conduta espiritual, e o alcalde e xefe local do Movimento de Afección ao Réxime, e sen eles non eras ninguén. O único local que os rapaces tiñamos para o lecer era o do Frente...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.