As agrupacións de Protección Civil de Muros, Rianxo, Ribeira, Abegondo, Carballo e Mazaricos reciben “scooters” da Deputación

03 Outubro 2025

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Medio Rural, Cristina Capelán, fixeron entrega de scooters a seis agrupacións de Protección Civil da provincia, co obxectivo, sinalaron, de “reforzar os medios materiais do voluntariado e facilitar a súa intervención en situacións de emerxencia ou en dispositivos preventivos”.

As motos foron entregadas ás agrupacións dos concellos de Abegondo, Carballo, Mazaricos, Muros, Rianxo e Ribeira. A entrega realizouse no parque móbil da Deputación, coa presenza de representantes das agrupacións e responsables municipais, entre eles o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes.

O presidente Formoso subliñou que “a Deputación está comprometida co fortalecemento das agrupacións de Protección Civil da provincia, dotándoas de medios e formación para mellorar a súa resposta” e destacou a importancia de contar con medios como estas scooters, que “permiten actuar con máis axilidade e eficiencia, especialmente en situacións nas que os vehículos convencionais teñen máis dificultades de acceso”. Destacou tamén o apoio continuado da Deputación á actividade das agrupacións de Protección Civil, “esenciais para garantir a seguridade nos nosos concellos”.

A deputada Cristina Capelán engadiu que se trata dun recoñecemento ao labor das agrupacións, “formadas por persoas voluntarias que dedican o seu tempo a coidar dos demais e contribuír á seguridade da veciñanza”.

Esta acción enmárcase dentro da aposta da Deputación pola dotación de recursos materiais e formativos para o voluntariado de Protección Civil. Ao longo de 2025, a institución provincial destinou preto de 200.000 euros a investimentos e actividades das agrupacións de Protección Civil da provincia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.