Anxo Arca inaugura a exposición “O Padrón rural en imaxes”

18 Outubro 2025

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira de Servizos Sociais, Mariló Saco, inauguraron este sábado a exposición O Padrón rural en imaxes, que estará aberta ao público este domingo, 19 de outubro, na Casa dos Capeláns (Iria Flavia) de 12.00 a 13.30 horas

Trátase dun proxecto do Voluntariado interxeracional 2025 promovido pola Oficina de Voluntariado de Padrón, no que 14 persoas mozas e 14 maiores recolleron fotos antigas do rural padronés, e tomaron imaxes actuais para ver a súa evolución. Tamén participaron nun proceso de formación desenvolvido pola fotógrafa Verónica Ramilo Graña e pola cooperativa de intermediación cultural Rexenerando, que tamén se encargaron de montar a exposición.

Anxo Arca amouse orgullo “da parte rural, que fai Padrón máis grande”. O alcalde asegurou que en Padrón “hai unha combinación equilibrada entre o ámbito rural e urbano”.

Pola súa banda Mariló Saco Vigo agradeceu a implicación das persoas voluntarias nun proxecto que “implicou moitas horas de investigación e traballo en equipo”, como indicou Pilar Lorenzo, responsábel da oficina de voluntariado de Padrón.

A inauguración de hoxe estivo reservada para as persoas que participaron no proxecto. O acto rematou cunha conversa con Vanesa Quintáns e Yolanda Buceta sobre as potencialidades do rural padronés e as posibilidades que ofrece para emprender.

Este domingo, 19 de outubro, a mostra estará aberta ao público na Casa dos Capeláns de 12.00 a 13.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.