Ana Pontón participa en Carnota este venres nunha homenaxe a Castelao

22 Outubro 2025

O venres 24 de outubro, ás 19.00h, o BNG de Carnota fará unha homenaxe á figura política de Castelao, na praza onde se encontra o seu busto en Lira.

No acto intervirán a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o cabeza de lista do BNG Carnota para ás eleccións locais de 2027, Primitivo Pedrosa.

Nesta homenaxe, que se enmarca no Ano Castelao polo 75 aniversario do falecemento do ilustre escritor, artista e político rianxeiro, realizarase unha lectura pública de diferentes fragmentos do libro Sempre en Galiza, e haberá tamén “algunha sorpresa musical”, segundo a organización do acto.

O BNG convida a todas e todos a asistir e reivindicar a figura de Castelao como nacionalista galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.