Accidente sen feridos no núcleo de Pazo, en Rianxo

16 Outubro 2025

A Policía Local de Rianxo e o grupo local de Protección Civil colaboraron este mércores 15 de outubro pola mañá para asistir nun accidente no lugar Pazo, con dous vehículos implicados: un saído de vía ata a beira da estrada e outro automóbil envorcado ocupando un dos carrís. Malia o estado no que quedou este último vehículo non houbo que lamentar feridos. O sinistro localizouse no quilómetro 1 da estrada DP-7202. O condutor do coche que quedou á beira da estrada non sufriu mancadura algunha e puido saír polo seu propio pé do vehículo. O accidente foi comunicado ao 112 polas testemuñas que se atopan neste intre no lugar de Pazo. Até alí, como dixemos, desprazouse unha patrulla da Policía Local e a dotación de garda de Protección Civil de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.