A Xunta presenta o portal Lonxas Galegas 4.0, unha ferramenta para impulsar a dixitalización e competitividade do sector pesqueiro

23 Outubro 2025

O sector pesqueiro galego continúa avanzando na súa modernización e incorporación de novas tecnoloxías co obxectivo de mellorar a eficiencia e facilitar o acceso dos clientes aos seus produtos. Neste contexto, a conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, presentou na Cidade da Cultura o novo portal web de comercialización Lonxas Galegas 4.0, unha plataforma que reforza a proxección e a dixitalización das rulas galegas.

Villaverde destacou que esta iniciativa reafirma o compromiso da Xunta coa seguridade alimentaria, a rastrexabilidade dos produtos pesqueiros e a eficiencia na xestión comercial das lonxas. O novo portal permitirá mellorar a visualización da oferta de peixe e marisco galego e optimizar os procesos de compra mediante participación remota, facilitando o seguimento de cada lote “desde o mar ata o prato” a través dun sistema interconectado entre lonxas, confrarías, distribuidores e mercados.

A conselleira subliñou que o proxecto é o resultado dun traballo iniciado en 2018 en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), que permitiu crear unha plataforma tecnolóxica única integrando os sistemas de xestión (Xeslon) e os de poxa e comercialización (Siscom).

Ata o momento, o proxecto desenvolveuse en dúas fases, incorporando progresivamente lonxas, confrarías e asociacións sectoriais, e a previsión é que a finais de ano estean 56 rulas e 70 pósitos integrados no sistema.

Investimento e impacto económico

O investimento total da Xunta neste sistema acada os 10 millóns de euros, permitindo ata o de agora o procesamento de máis de 7 millóns de notas de venda, cun valor de facturación superior aos 400 millóns de euros e a comercialización de 205 especies diferentes, capturadas por máis de 7.000 unidades de pesca.

Villaverde afirmou que o portal Lonxas Galegas 4.0 representa “un paso máis cara a un sistema transparente, conectado, sostible e competitivo”, aliñado coa Estratexia Galicia Dixital 2030, que promove o comercio de proximidade e a redución da pegada de carbono, adaptando o sector marítimo-pesqueiro galego “ás esixencias do presente e do futuro”.

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase este venres en Noia

Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura de Noia. O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca. Trátase dunha película incluída na programación contratada pola...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.