A Xunta investirá máis de 65.000 euros na mellora do ximnasio e a piscina de Outes

09 Outubro 2025

O alcalde do Concello de Outes, Francisco Calo, agradeceu á Xunta de Galicia o seu apoio para investir, a través dun convenio coa Consellería de Presidencia, un total de 72.539 euros que permitirán levar a cabo “importantes melloras” no ximnasio e a Piscina Municipal. En concreto, o montante económico comprometido polo Goberno autonómico –máis de 65.000 euros, o 90% do orzamento total- permitirá a compra das máquinas novas de cardio da sala do ximnasio –moi deterioradas na actualidade-, posibilitará a adquisición dun elevador hidráulico para mellorar a accesibilidade á piscina das persoas con mobilidade reducida, así como a mellora das infraestrutura que permite regular as sonda de temperatura da auga e do aire da instalación.

“Falamos de actuacións moi necesarias e moi demandadas polos máis de 300 veciños que cada día pasan pola piscina e polo ximnasio”, apuntou Calo, quen recordou que “a instalación Outes abriu as súas portas en maio do 2007 e, dende aquela, non sen ten feito ningunha mellora relevante”.

O alcalde aproveitou para explicar que “o complexo deportivo da Piscina Municipal de Outes conta con varias dependencias diferenciadas, pero todas dentro do mesmo edificio, como son dúas salas de actividades, sala de mantemento, sala de ximnasio e o propio vaso da piscina, o que fai que teña un gran número de usuarios”.

Calo indicou tamén que “na actualidade, tanto o C.E.I.P. como o I.E.S. Francisco Añón de Outes acceden ás instalacións para dar módulos de educación en convenio co concello”.

E engadiu: “Temos convenios con varias entidades deportivas e sociais como, por exemplo, o equipo de Tríatlon que prepara as súas horas de natación na piscina e o Centro de Día de Outes que acude unha vez o mes como terapia para os seus usuarios e que, a partir de agora, poderán facelo sen limitacións coa mellora no acceso ó vaso da piscina”, explicou.

Por último, Calo fixo saber que estas actuacións, que terán que levarse a cabo antes de que termine o 2025, “non poderían ser unha realidade sen o investimento da Xunta Galicia”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.