A Xunta e o Concello de Outes xuntan forzas polo desenvolvemento rural

07 Outubro 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse este martes 7 de outubro co alcalde de Outes, Francisco Calo. No encontro avaliouse a colaboración entre o Concello e a Consellería para impulsar proxectos en beneficio do rural deste municipio.

En particular, avanzouse no desenvolvemento da parcelaria de San Pedro de Outes e San Miguel de Valadares, que xa se atopa en fase de acordo firme e que beneficia preto de mil propietarios. Ademais, abordouse a mellora das infraestruturas rurais e o impulso ás agrupacións forestais de xestión conxunta, co fin de optimizar a xestión dos montes no territorio municipal, entre outras cuestións.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.