A Xunta apoia con cinco axudas a catro entidades veciñais do Barbanza con máis de 44.000 euros

28 Outubro 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou este martes 28 de outubro a asociación de veciños O Souto de Arcos, en Mazaricos, beneficiaria das axudas do Plan específico de acción comunitaria de 2025, creada en 21 de setembro de 1992 e contando na actualidade con 69  socios.

Trátase da principal dinamizadora da vida parroquial organizando reunións, cursos, charlas, ximnasia, excursións, e festas veciñais, etc. Para o desenvolvemento da súa actividade teñen o dereito a uso da Casa Escola situada no lugar da Curra.

A actuación realizada no seu local social, contou cunha achega de case 12.000 euros, e  consistiu no cambio de cristais das fiestras, cambio da porta principal para permitir o acceso das cadeiras de rodas, illamento en paredes e pintura interior, reparación da instalación eléctrica e reparación das fendas, limpeza e pintado da fachada exterior.

Neste senso apuntou que “en Galicia medran os proxectos impulsados en 2025, con 454 actuacións fronte ás 341 de 2024, dos cales 72 proxectos son da provincia da Coruña” e informou que “na comarca do Barbanza reciben estas achegas, 4 entidades, a asociación de veciños O Souto dos Arcos de Mazaricos, da liña de obras, a comunidade veciñal de augas da Parroquia de Xuño de Porto do Son, da liña de obras, a asociación de veciños de A Cubeliña da Pobra do Caramiñal, da liña de equipamentos e a comunidade de usuarios de auga de Corrubedo de Ribeira, dúas axudas das liñas de obras e equipamentos. Estas 5 achegas suman máis de 44.000 euros”.

A representante do Goberno  autonómico apuntou que “con estas achegas cúmprese o obxectivo do Goberno galego de darlle maior resposta á elevada demanda desta liña de axudas, para o que incrementou a dotación ata os catro millóns de euros, un millón máis con respecto aos anteriores exercicios”.

A través desta orde, o Goberno galego contribúe a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal. Deste xeito, poden ser obxecto de subvención os gastos ocasionados como consecuencia de investimentos realizados en inmobles da titularidade das entidades solicitantes ou sobre os que teña dereito de uso, no caso das asociacións de veciños e de mulleres rurais, así como os equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade e o seu funcionamento ordinario, e as obras nas traídas de auga comunitarias.

Entre os proxectos subvencionábeis incluíronse dúas liñas, unha delas dotada con 3,4 millóns de euros, para obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais onde as entidades veciñais e de mulleres rurais desenvolven a súa actividade e obras de mellora, reforma e reparación de infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias promovidas por comunidades de usuarios de augas.

A outra liña de axudas financia, cunha achega de 600.000 euros, a adquisición de equipamento necesario para o funcionamento das organizacións beneficiarias. En concreto, mobiliario, material de oficina, equipamento informático ou acústico e audiovisual, ademais doutro material básico para actividades específicas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...