A Policía Local e a Garda Civil de Rianxo deteñen a unha persoa por un delito de tráfico de drogas

09 Outubro 2025

Este martes 7 de outubro de 2025, sobre as 19:10 horas, axentes de servizo da Policía Local de Rianxo procederon no lugar do Pazo (Rianxo) á interceptación dun turismo que ía conducido por unha muller residente na localidade de Ribeira (A Coruña), ao detectárense infraccións relativas á documentación do vehículo. No transcurso da actuación policial tamén se procedeu a efectuar un rexistro do interior do vehículo, así como tamén corporal da súa condutora, participando nas referidas actuacións unha patrulla da Garda Civil.

Como resultado destas actuacións, puidéronse localizar e incautar diversas doses de sustancias estupefacientes que
se corresponden con cocaína, unha cantidade importante de diñeiro en efectivo, e tamén útiles para dosificar as sustancias estupefacientes.

Polos ditos feitos os axentes procederon á detención da muller por “un suposto delito contra a seguridade colectiva por tráfico de drogas tóxicas, estupefacientes ou sustancias psicotrópicas”, realizándose as dilixencias oportunas para a súa posta a disposición xudicial.

O vehículo foi finalmente inmobilizado e trasladado co guindastre ao depósito municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...