A Pobra licita a ampliación escola unitaria de Santa Cruz para dispor dun novo local para a veciñanza

01 Outubro 2025

Os veciños e veciñas, as comunidades de montes, as asociacións culturais e comisións de Santa Cruz de Lesón disporán en datas vindeiras cun espazo específico nas instalacións da escola unitaria. O Concello da Pobra do Caramiñal sacou a licitación as obras para ampliar a edificación do lugar da Granxa, garantindo que esta poida empregarse como punto de encontro, lecer e convivencia veciñal. O proxecto está impulsado pola Concellería de Participación Veciñal e ten un valor estimado de contrato de 103.346,81 euros.

O Concello explica que a edificación actual ten unha antigüidade de 50 anos e foi executada como unha escola unitaria, un uso que aínda ten a día de hoxe. Dispón dunha superficie de 2.162 m2 distribuídos en dous andares e un módulo na fachada norte engadido posteriormente á estrutura orixinal.

A día de hoxe unha das aulas do centro de ensino está sendo empregada por unha entidade cultural que ten que solicitar a autorización pertinente á Inspección Educativa e ao Consello Escolar. Porén, o proxecto municipal buscará, precisamente, garantir a convivencia de ambos usos (o educativo e o social) co incremento da superficie útil.

Unha vez rematados estes traballos, contarase cunha nova edificación ideal para acoller distintas actividades e para a celebración de reunións entre os veciños e veciñas. O proxecto incluirá, así mesmo, a creación dunha zona de despacho e de dous aseos.

Con estas actuacións, desde a Concellería de Participación Veciñal búscase, precisamente, estimular o movemento asociativo e garantir “que a parroquia poida contar cunha dependencia pensada para o encontro, a convivencia e o desenvolvemento de todo tipo de actividades culturais, educativas e recreativas”.

O prazo de presentación de ofertas por parte das empresas estará aberto ata o 15 de outubro ás 23.59 horas. Unha vez se asine a acta de trazado de planta, as obras executaranse nun prazo de oito meses.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.